Ledicia é unha riquiña espiga de millo que nos vai axudar a coñecer ben as sete vogais coas que conta a lingua galega. Como xa saberás, o galego ten un "e" aberto e un "e" pechado. O mesmo acontece coa vogal "o", que a podemos pronunciar pechada ou aberta tamén.
E sabías que dúas palabras escritas de xeito moi semellante poden significar cada unha delas unha cousa moi diferente? Iso é porque as vogais "e" ou "o" que conteñen, pronúncianse nun dos casos de forma "aberta" e no outro caso "pechada".
Se picas AQUÍ, escoitarás á nosa espiga Ledicia diferenciando entre dúas palabras iguais grazas á súa pronuncia. A ver se eres quen de atopar esas palabras semellantes e saber cal é o significado de cada unha delas.
Non esquezas o que falamos moitas veces na clase sobre os bloques occidental, central e oriental que se dan en Galicia para clasificar as variantes da nosa lingua. Neste sentido, pode que ti pronuncies a palabra "oso" coa "o" pechada tanto para referirte ao animal como aos órganos que forman o noso esqueleto. Por certo, se ti pronuncias as dúas palabras iguais, a que bloque pertences? Mmmmm...
Ningún comentario:
Publicar un comentario