sábado, 8 de febreiro de 2020

Como chove na túa casa?



Ola rapaces!

Seguro que xa lle botastes un ollo ás viñetas de enriba. Propóñovos que durante esta semana pensedes nos varios xeitos que hai de charmarlle á chuvia e nas diferenzas que presenta chamarlle dunha ou doutra maneira. A vindeira semana faremos unha lista na clase a ver cantos termos atopamos para denominar a chuvia.

Vou ser boa... Podedes botar man dos vosos pais, nais ou avós porque seguramente eles empregan máis palabras á hora de falar da chuvia.

A investigar e contádesme todo o que atopastes a semana que vén na aula.

A máis ver!

Ningún comentario:

Publicar un comentario